Master en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientacion,...
Máster en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar - Internacional - Uniapa)

Máster en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar - Internacional - Uniapa) (A Coruña)

A Coruña, España.

Solicitar información
  • Compartir en:
  • Compartir en:

Descripción de Máster en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar - Internacional - Uniapa)

  1. Psicoloxía Da Familia E Os Seus Ciclos Vitais. Créditos: 2
  2. Contextos Educativos E Os Estilos De Educación. Créditos: 2
  3. Socioloxía Da Familia. Créditos: 2
  4. Marco Xurídico Da Familia Actual. Créditos: 4
  5. Situacións De Pérdida Familiar. Créditos: 2
  6. Tipos E Modelos De Familia. Créditos: 2
  7. Metodoloxía En Ciencias Da Familia. Créditos: 2
  8. Familia E Traballo Social. Créditos: 2
  9. Medicina E Familia. Créditos: 2
  10. Novas Tecnoloxías En Educación Familiar. Créditos: 2
  11. Relación Familia E Centro Educativo Orientación Familiar Dende A Escola. Intervención En Problemas De Nenos E Adolescentes. Créditos: 8
  12. Consumo De Drogas E Programas De Prevención E Saúde. Consumo De Alcool E Programas De Prevención E Saúde.. Créditos: 4
  13. Violencia, Maltrato, Abandono E Abuso Sexual En Menores. Créditos: 4
  14. Trastornos Psicopatolóxicos E Modelos Psicoeducativos. Trastornos De Alimentación E Modelos De Intervención. Créditos: 4
  15. Adopción E Acollemento. Créditos: 2
  16. A Familia Con Anciáns. Créditos: 2
  17. Mediación Familiar. Créditos: 4
  18. A Persoa Do Orientador E Do Terapeuta Familiar. Créditos: 4
  19. Fundamentos Teóricos Da Terapa Familiar Sistémica. Historia Da Terapia Familiar. Créditos: 4
  20. Escolas E Modelos De Terapia Familiar. Créditos: 10
  21. Modelos De Entrevista En Terapia Familiar. Créditos: 2
  22. Técnicas De Avaliación Previa Da Familia En Terapia Familiar. Créditos: 2
  23. Técnicas De Avaliación Previa Da Parella En Terapia Familiar. Créditos: 2
  24. Formación E Forxa Da Parella. Créditos: 2
  25. Crise Normativa E Non Normativa Da Familia E Parella. Créditos: 2
  26. Problemas Específicos Da Parella. Créditos: 2
  27. Problemas Sexuais Da Parella. Créditos: 2
  28. A Persoa Do Terapeuta Familiar. Créditos: 4
  29. Prácticum. Créditos: 29
  30. Proxecto Final. Créditos: 10

 

Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:

  • Curso de Especialización en Orientación e Mediación Familiar (Internacional - UNIAPA) (E626)
  • Curso de Especialización en Ciencias da Familia (Internacional - UNIAPA) (E683)
  • Curso de Especialización en Terapia Familiar (Internacional - UNIAPA) (E684)

 
 

A familia é a unidade natural e fundamental da sociedade, onde maduran as relacións humanas, núcleo da sociedade, ámbito natural de crecemento e benestar de tódolos seus membros, en particular dos nenos (ONU: New York, 1959; México, 1975; New York, 1979-88).Os dereitos do home e os dereitos da familia teñen como destinatario último á persoa, por iso non pode haber contradicción ou antagonismo entre eles. A familia e a persoa non poden medrar sen prestarse axuda recíproca. O camiño cara unha maior humanización da nosa sociedade pasa indefectiblemente por un desenvolvemento armónico dos dereitos do home e da familia, porque en último caso tanto as persoas como a sociedade articúlanse familiarmente. A profunda transformación que está experimentando nos últimos tempos a sociedade repercute de forma moi directa no ámbito familiar, emerxendo unha problemática complexa que demanda a formación de profesionais neste campo. Neste contexto, a Universidade, responsable da formación científica dos profesionais, síntese obrigada a dar resposta a esta esixencia social proporcionando ós mesmos una capacitación específica para intervir no complexo mundo da familia.Agora ben neste empeño, resulta preciso que a Universidade conte coa colaboración doutras Institucións que teñen unha dilatada experiencia no mundo da familia e que posibiliten a dimensión práctica e de contacto coas familias, que por outra parte é unha esixencia dunha formación de posgrao. Esta colaboración coa Universidade de Santiago, permitirá que os alumnos do Máster poidan realizar as correspondentes prácticas, na medida das posibilidades o máis preto dos seus lugares de procedencia.

 

OBXECTIVOS:
1. Coñecer os modelos e as correntes actuais nos distintos campos das ciencias da familia
2. Adquirir un dominio dos procedementos e das técnicas utilizadas no ámbito da familia
3. Adquirir coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta á familia na sociedade actual e das técnicas a utilizar para a solución das mesmas no contexto familiar
4. Adquirir as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional en mediación familiar
5. Coñecer a fundamentación teórica, así como as distintas escolas e modelos de terapia familiar
6. Adquirir as técnicas de avaliación e de intervención propias da terapia familiar nas crises e problemas da familia e da parella



METODOLOXÍA:
A metodoloxía ten presente tanto a dimensión profesional como científica do curso.
O programa presencial combinará as sesións maxistrais co traballo en pequenos grupos, e coas sesións clínicas nas que os alumnos poderán presenciar situacións de interese e casos nos que progresivamente irán compartindo co profesional especialista tanto a avaliación como a intervención.
As sesións presenciais serán completadas cun ambicioso programa de Prácticum que permitirá ós alumnos recibir unha formación nos escenarios profesionais, titorizada por un profesional do sector. Con esta finalidade a Universidade de Santiago asinou convenios coa Xunta de Galicia, Centros de Saúde, Centros Educativos, Centros de Orientación Familiar, Concellos e outros Organismos e Institucións Públicos e Privados.
O Programa das actividades non presenciais tamén titorizadas polos profesionais do Curso, completará a formaicón, que se verá rubricada coa presentación e defensa do Proyecto Final

   

Procedemento de Avaliación: Continua e proxecto fin de curso.

 

Titorías: Titorías persoalizadas asignadas por módulo impartido.

   

Departamento / Centro Organizador: Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación

 

Directores:

  • Agustín Dosil Maceira
  • Olga Díaz Fernández

 

Edición:  6

 

Duración cursos:  2

Calendario:

Fase Presencial: 8 de Xaneiro o 2 De Marzo. De Luns A Vernes.

Lugar: Facultade De Psicoloxía. Aula Clínica Instituto Da Familia



Tipología: Master

Metodología: Presencial

Precio: Consultar

Imparte: USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

Horas: 980

Dirigido a: Psicólogos, Pedagogos, Psicopedagogos, Mestres, Traballadores Sociais, Educadores Sociais, Avogados, Médicos, Enfermeiros e aqueles outros que a xuizo da Comisión Académica poidan realizar o curso con aproveitamento, sempre que sexan Licenciados ou Diplomados.

Contactar con Máster en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar - Internacional - Uniapa)

Recibe información personalizada sobre el desarrollo de tu bebé:

Al pulsar "Enviar" aceptas las condiciones de uso de paraBebés

Opiniones sobre Máster en Ciencias Da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar - Internacional - Uniapa)

Tu opinión cuenta. ¡Sé el primero en opinar!


Socilitar información

Recibe información personalizada sobre el desarrollo de tu bebé:

Al pulsar "Enviar" aceptas las condiciones de uso de paraBebés
VER MÁS SERVICIOS
Información legal

Los datos que aparecen en este anuncio han sido aportados por el propio anunciante. paraBebes no nos hacemos responsables de posibles errores, por ello te recomendamos que confirmes la información con el anunciante directamente.

Servicios relacionados en poblaciones de A Coruña:

Mapa web

paraBebés Grupo Intercom Enisa

Sobre paraBebés