EL Producións Artísticas, presenta Cincenta- Gata Borrallenta, a comedia musicada para toda família, do autor , director e actor Eisenhower Moreno, con producción e vestiario de Leandro Costa é unha adaptación libre do conto de fadas mais lido do mundo, que gaña nova vida e estrea ó 04/02 ás 17:30h no Teatro Arte Livre. Eisenhower Moreno, Javi Toste e Cristina Collazo, son os actores que dan vida a 10 divertidos personaxes( O rei pai do Príncipe Felipo, Escapino – Lacio do rei, Fala fina- representante do pobo, O príncipe Felipo, Aurora(cincenta), Maravinela ( a madrasta), Lindanela(filla de Maravinela), Firmino o cociñeiro, Xoán man de mazan, o home do campo que quere casar con Lindanela, a Avoa de Aurora) que durante 55 cinco minutos transporta o público para un reino moi peculiar, onde todo, todo pode acontecer. Unha aposta en escena áxil, inspirado en debuxos animados que usa e abusa do bo humor, de vestuário, da creatividade nas tiradas do texto, nos efectos sonoros e visuais , nas músicas, nas coreografías, para contar esta historia que ten aínda tanta forza e de contemporaneidade.
"Coa imaxinación pódese ver todo é só querer. Este é e sempre foi o meu lema para afrontar un novo texto teatral. E tendo en mans un conto de fadas, a miña imaxinación aínda pode viaxar moito mais lonxe. Non ignoro e respecto a intelixencia do espectador e cando se fala de neno entón podo dicir que teño moita atención e busco estimular súa capacidade utilizar o lúdico para pensar. Non me gusta impor verdades absolutas, mais si que o público sexa arrebatado pola realidade teatral e que poida tamén agregar, cambiar, súas propias solucións aos temas abordados. Mi gusta saber que espectador, non está contemplativo, mais si que está internamente inquieto, repasando, montando e desmontando ideas, fantasías, medos, soños… Está é miña primeira versión de un conto de fadas, e foi moi interesante traballar neste texto, porque tamén tiven a oportunidade traer para o texto as miñas inquietudes, dúbidas e indignación que habitarán a miña cabeza cando neno eu lía este conto da Cincenta."
A HISTÓRIA DA CÓMEDIA MUSICADA CINCENTA – A GATA BORRALLENTA
Esa é unha historia de gatos que viven en terras lonxanas, onde a fantasía e a maxia se mesturan para crear unha nova realidade, que podemos na maior parte dos momentos nos identificar, nos divertir e tamén reflexionar.
Aurora, a cincenta, é unha gatiña moito xenerosa e sabia, que despois da morte do seu pai, é forzada a facer de serva da súa madrasta Maravilena( que soña en ser princesa, entrar para nobreza e que súa filla sexa Miss Universo) e da súa filla Lindanela(Soña con un príncipe lindiño, en librarse das rigorosas dietas e da dictadura estética imposta pola nai- Maravinela. Mais no fundo Xoán man de mazán, un simple gato do campo é quen xa conseguiu conquistar o corazón de Lindanela). Cando Aurora se sente triste, busca consolo nas súas historias fantásticas, creadas por ela para divertir a súa avoa. Un día, chega un convite do Príncipe Felipo, do Reino das Riquezas, para unha gran festa, onde el escollerá súa princesa. Aurora, que nunca foi a un baile, fará todo para conseguir estar presente no evento do ano..
Se pensan que a historia é soamente iso, vale a pena conferir as sorpresas desta nova e actualizada versión de Cincenta- A gata borrallenta.